Nun contexto social no que os problemas de saúde mental infantil están en aumento, a Biblioteca do Porriño posiciónase como un punto de apoio para as familias co seu proxecto de biblioterapia “Contos que curan”. Este innovador programa ten como obxectivo axudar a previr, identificar e xestionar diversos trastornos que afectan a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
 
A Organización Mundial da Saúde (OMS) enfatizou a importancia de actuar desde a infancia para facer frente a estes desafíos, instando a gobernos, institucións e á sociedade en xeral a colaborar na creación dun entorno máis saudable e comprensivo. A Biblioteca do Porriño únese a esta causa creando unha ferramenta que combina a maxia da lectura coa necesidade de apoio emocional da cativada.
 
“Contos que curan” componse dunha serie de boletíns temáticos que ofrecerán unha coidada selección de contos de ficción, clasificados e recomendados para axudar a pais, nais, educadores e profesionais da saúde no seu labor de mediación terapéutica. Cada boletín incluirá información bibliográfica completa dos contos seleccionados, con recensións críticas que destacan a súa relevancia na xestión de temas sensibles como oa xestión da morte e duelo dun ser querido, o bullying ou acoso escolar, a timidez e fobia social, o sono e o medo á escuridade, ou a desestigmatización e normalización da neurodiverxencia (autismo, dislexia, TDAH, síndrome de Down…).
 
O compromiso da Biblioteca de Porriño non pasa desapercibido. O seu proxecto foi seleccionado para participar nas III Xornadas Internacionais sobre compromiso social e biblioteca da Fundación Alonso Quijano, unha iniciativa que busca visibilizar iniciativas de inclusión social en bibliotecas.
 
“A lectura pode ser unha poderosa ferramenta de sanación e `Contos que curan´ será ese espazo no que as familias e os nenos e nenas atopen comprensión e empatía”, explicou o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, “Gustaríame convidarvos a todos e todas a participar desta iniciativa coa que non solo queremos desestigmatizar e axudar á cativada, senón crear un futuro máis xusto e alentador para eles”.
 
Primeiro boletín: “Morte e duelo”
 
O primeiro boletín, titulado “Morte e duelo”, lanzarase este mes, coincidindo coa semana de Todos os Santos. Esta publicación non só estará dispoñible de maneira física, senón que tam
én se difundirá dixitalmente, chegando a todo aquel que poida beneficiarse deste recurso.
A morte representa a experiencia máis incomprensible para o ser humano e nesas datas estará moi presente nas vidas dos pequenos e pequenas. Aos nenos e nenas cústalles máis entendela. Moito máis, porque non están aínda preparados para comprender que é algo inevitable, irreversible e permanente.
Lerlles contos axeitados pode facilitar as cousas…Porque os contos non curan por si mesmos, pero poden axudarnos a axudarlles.
 
Por iso neste boletín propoñeranse unha selección de lecturas axeitadas. Historias que abordan a morte e o loito desde distintos putnos de vista para distintos grupos de idade.