O Consello de Contas vai realizar unha auditoria polo recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado en 2017 por un importe total de dous millons setecentos mil euros en facturas atrasadas que o actual goberno de Porriño que preside Eva García tivo que afrontar como consecuencia da débeda heredada do mandato anterior do PP entre os anos 2011 e 2015.
María Begoña Villaverde, conselleira do citado organismo supervisor e dous auditores do mesmo serán recibidos o xoves pola alcaldesa e maila interventora do Concello que entregarán ós auditores todala documentación e expedientes referidos a esas facturas que estaban sen pagar e tiveron que derivarse a recoñecemento extrajudicial.
A alcaldesa Eva García agarda que “do mesmo xeito que acontecera no seu día con outra inspección anterior, efectúada polo Tribunal de Contas de Galicia, producto dunha denuncia do PP por este mismo asunto e que se pechou exonerando ó actual goberno municipal de calquera responsabilidade, aconteza o mesmo agora tamén”.
“Entendo que o PP que no seu día chegou a denunciar que pagáramos as facturas que o seu goberno deixou, terá que dar conta de por qué o fixo, forzando en definitiva ó actual goberno que presido a ter que aprobar ese recoñecemento extrajudicial aproveitando que un concelleiro popular que é avogado e levaba unha reclamación dun cliente tivo que absterse o que facilitou que nos aprobásemos a operación co voto de calidade desta alcaldesa”, engadiu Eva García. A alcaldesa considera que esta situación ven devenida pola negativa sistemática do PP a elaborar orzamentos municipais e prorrogar sistemáticamente os existentes “unha práctica que foi unha responsabilidade compartida polo anterior alcalde Nelson Santos e polo concelleiro Alejandro Rodriguez, actual presidente local e candidato do PP á alcaldía”.