O Concello do Porriño guiará a un total 100 persoas, homes e mulleres, no seu obxectivo de conseguir un emprego, cun compromiso de inserción do 40%. As persoas seleccionadas deben formar parte do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Neste ano vixente, 100 persoas están desfrutando deste Programa, que está tendo un éxito excelente coa inserción laboral ata o momento de 56 persoas en empresas coas que teñen convenio. Desta forma, o Concello solicitou un novo plan integral para o curso 2024-2025.

O programa conta con varias accións co obxectivo de buscar a empregabilidade para os inscritos. Deste xeito contará cunha parte de información, orientación e asesoramento, seguindo coa formación, técnicas de coaching e intelixencia emocional, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo, prácticas profesionais e obradoiros de mobilidade laboral.

A duración do programa será de aproximadamente un ano, tendo previsto que de comezo en decembro de 2024.

O lugar de acollida para a realización dos obradoiros será o Multicentros de Torneiros, un lugar previsto con aulas de diferentes tipos que se adapta perfectamente ás necesidades de dito proxecto.

A inversión total do programa é de 275.000€, que estará subvencionado con 220.000€ e os 55.000€ restantes serán asumidos por parte do Concello.

“Os resultados que estamos tendo son excelentes. Xa hai 56 persoas que anteriormente estaban desempregadas traballando en empresas da zona. Somos un Concello emprendedor e con ganas de traballar a favor da inserción laboral, por iso, tras o éxito do anterior programa decidimos solicitar un novo” aseguraba Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño.