Dende o pasado xaneiro, ó longo dos cinco meses transcurridos, o programa “Porriño Accede” que se desenrola por terceiro ano consecutivo, fomentou a incorporación ó mercado de traballo en empresas da cidade e da bisbarra. Segundo o balanzo feito pola Concellería de Emprego, 65 foron as persoas seleccionadas para recibir formación das cales 26 firmaron xa un contrato de traballo no que leva de ano e outras 19 realizan prácticas durante o mes de maio con expectativas de inserción, en distintas empresas do Porriño.
Para a a formación desas persoas, realizáronse dúas edicións de produción industrial e manexo de carretilla elevadora, prevención de riscos laborais no sector da automoción, soldadura MIG MAG, Lean Manufacturing, Ponte-grúa e Inxección de Plásticos.
Fixeronse 12 convenios de colaboración asinados entre o tecido empresarial e o Concello de Porriño que permitiron a un total de 42 aspirantes formarse nas empresas para acceder a unha oportunidade de traballo. Nese contexto a empresa Maier Ferroplast Sociedad Cooperativa Galega asinou un acordo de colaboración co Concello do Porriño na procura de formar 7 persoas en situación de desemprego cara a súa posible incorporación na compañía, segundo establece o convenio que suscribiron a alcaldesa Eva García mailo director da pranta, José Antonio Lima. Despois da firma, realizouse unha visita ás instalación da factoría que tén da orde de 250 operario, cunha facturación de 337 millóns de euros. Adícase á fabricación de pezas plásticas para o automóvil tendo por principal cliente a PSA-Citröen e outros fabricantes asentados en España