O Concello do Porriño deu comezo xa as obras de construción dun novo parque infantil no Outeiro, en Atios. Este novo espazo, que como o resto dos proxectados no municipio este último ano responde á necesidade de crear e mellorar as zonas públicas de xogo para cativada, está situado no barrio dos Galegos, que non conta cun parque infantil.
O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, explicou que neste momento está a acometerse a construción dun firme de formigón para a preparación do terreo, que será cuberto por pavimento de céspede artificial antiestático.
A zona de xogo contará con varios elementos como o un tobogán de 1,5 m de altura en caída, dous columpios e un balancín.
Instalarase tamén unha mesa de xogos. No mesmo recinto, que estará valado para garantir a seguridade dos máis pequenos, habilitarase tamén un parque biosaudable con varios elementos.
Estas obras requiren unha inversión de máis de 30.000 euros financiado no 70% con fondos autonómicos.