A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello do Porriño emite a través de videoconferencia a charla “ Comercio electrónico e medios de pagos seguros”, impartida pola “Escola Galega de Consumo.
A temática da mesma será o emprego xeneralizado das TIC fixo que se incrementara o denominado comercio electrónico, é dicir, a posibilidade de facer compras a través de internet, o que presenta moitas vantaxes sempre que se faga de xeito seguro.
Neste charla explícaranse os pasos a seguir para facer compras en internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificacións de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidade de abandonar a compra, etc. Así mesmo, analizaranse os dereitos específicos das persoas consumidoras no caso das compras a distancia
A acitvidade será retransmitida o vindeiro día 17 de setembro en horario de 12:00 horas a 13:00 horas, dende a aula CeMIT do Porriño. As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.gal.