A Asociación Afaga en colaboración co Concello do Porriño, promove unha serie de formacións para coidadores familiares de persoas con demencia en estado moderado-avanzado da enfermidade de Alzheimer e outras demencias.
Durante catro sesións, técnicos e profesionais da asociación informarán sobre necesidades e retos actuais, recursos sociais no entorno das persoas con demencia, adaptación das actividades diarias e medidas de protección xurídica en torno á persoa con demencia.
Estás charlas comenzarán o vindeiro martes 28 de maio e terán lugar cada 15 días no segundo andar do Centro Cívico do Porriño, no número 16 da avenida Domingo Bueno. As inscricións pódense facer enviando un correo electrónico a formacion@afaga.com, por WhatsApp no 610 437 895, ou chamando por teléfono ao número da Asociación 986 33 00 03.