A alcaldesa, que dende hai menos dunha semana é tamén a máxima responsable da área de Deportes do Concello- visitou este mércores as obras da novas instalacións de atletismo da Granxa.
As mesmas, que contarán cun orzamento de 1 millóns de euros, serán unha realidade grazas a unha achega de 800.000€ por parte da Deputación de Pontevedra que, coma todas as inversións do organismo provincial no Porriño, foron asinadas pola propia alcaldesa.
A nova instalación deportiva de A Granxa, que segundo o proxecto estará rematada o vindeiro mes de maio, é “unha aposta de futuro”, sinalou García de la Torre, quen asegurou que porá a dispor dos máis de 650 integrantes do Club Atletismo do Porriño dunhas “dotacións óptimas e punteiras”.
As mesmas contarán cun módulo cuberto cunha recta de 6 rúas de 60 metros de lonxitude; disporá dun teito dotado de lucernarios que permitan o paso da luz natural. A maiores, contará co alumeado axeitado para o desenrolo de competicións e adestramentos e prevese a instalación dun sistema de ‘fotofinish’.
Na parte central da pista executarase un módulo de lanzamento de peso cun aro de formigón provisto dun anel de seguridade. O entorno terá un espazo verde de céspede que integra a instalación coa súa contorna.
As instalacións estarán preparadas para a práctica de distintas modalidades e disciplinas de atletismo, ademais de salto de altura, de lonxitude, triplo salto ou salto con pértega.
A alcaldesa engadiu que á par que se leva adiante a construción deste novo emprazamento deportivo, vaise avanzar no proxecto que permita que as instalacións que están preto do mesmo dispoñan doutros servizos coma oficinas e vestiarios.

A proba, á que acoden 56 pilotos, dende nun circuíto especificamente creado para esta proba, no ‘campo de voo’ de Furaventos na parroquia de Pontellas, que o presidente do club cualifica de “moi vertical”, con obstáculos artificiais, e mixto, xa que conta cunha parte de pista e outra de monte, algo anovador nesta competición e que é especialmente atractivo para os participantes que consideran o circuíto porriñés como “un dos mellores de España”.
Programa
O ‘neno prodixio’ Alex Zamora entre os participantes
Son os máis cativos os primeiros que abrirán a competición, ás 12 menos cuarto da mañá, na piscina Municipal, nadando 25 metros; de seguido, montarán nas bicicletas para facer 700 metros, pasando polo Cristo dos Cachos, ata a Igrexa de Santa María e, finalmente, correrán 300 metros ata a Praza de Antonio Palacios, diante do Concello.
Manuel Carrera, que foi ciclista profesional, amáis de subliñar a esixencia desta proba, transmitiu a súa noraboa a todos os participantes, clubes, organizadores, colaboradores, patrocinadores e voluntarios que fan do Triatlón do Porriño, unha cita xa imprescindible no calendario deportivo.