Esta fin de semana rematará a competición autonómica de balonmán feminino na categoría xuvenil coa celebración da Final a Catro ou “Final Four” que acollerá o Polideportivo Municipal de O Porriño.
Hoxe tivo lugar o acto de presentación, no propio pavillón municipal, no que participaron o concelleiro de Deportes, David Alonso; o xefe provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides; e unha representación da xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, encabezada polo seu presidente, Bruno López Molina.
A “Final a Catro” xuvenil feminina terá lugar no Pavillón Municipal de O Porriño durante a fin de semana e os partidos do domingo serán retransmitidos por streaming da Federación Galega de Balonmán. O sábado pola mañá celebraranse as semifinais. O partido Calfrima Carballal – SAR Ledisson comezará ás 10:00 horas e o Balonmano Porriño – U.B. Lavadores está previsto para as 12:00 horas. Ao día seguinte celebraranse, nos mesmos horarios a loita polo terceiro posto e a continuación, a gran final. Nesta oportunidade, todos os partidos serán transcendentes xa que hai tres prazas en xogo para a participación na fase estatal, polo que o partido polo terceiro posto terá unha enorme importancia.
O ciclismo volverá ás estradas da bisbarra cunha competición como a “Challenge Rías Baixas” que neste ano 2021 vai cumprir a súa quinta edición, coa organización do club “Master da Louriña”. A proba, de rango nacional, terá lugar na fin de semana do 8 e 9 de maio, cando o Goberno Central ten previsto que decaia o estado de alarma e que se alivien moitas das restricións que aínda temos hoxe.
Terá tres etapas: unha contra reloxo en Guláns de 8 kms; unha segunda etapa en liña de 81 kms con final en Mos e a etapa final de 85 kilómetros en O Porriño.
Este mediodía celebrouse na praza do Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello do Porriño, a presentación da edición deste ano nunha roda de prensa na que participaron David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño xunto cos seus homólogos dos concellos de Ponteareas e Mos xa que cada un destes concellos albergará unha etapa da “Challenge”. Á presentación tamén asistiu Gorka Gómez, deputado de Deportes, no nome da Deputación Provincial e a alcaldesa do Porriño, Eva Garcia que saludou aos presentes antes de reanudar a súa axenda de traballo.
Juan José Alvarez Cerdeira, presidente do equipo “Master da Louriña”, manifestou no nome do club organizador, que “agardamos chegar a unha participación de 200 corredores como ven sendo habitual” e atribuiu esta resposta a que “sabemos darlle aos ciclistas o que eles queren”. El presidente del CC Master da Louriña reivindicou que na edición de 2020 o gañador da Challenge fora Jaime Romero quen “pouco tempo despois pasou a profesional e fichou co equipo Caja Rural-Seguros RGA”.
Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega ponderou nesa liña o “excelente traballo de promoción de categorías inferiores que realizan clubs como Master da Louriña para sacar e dar a coñecer a futuros ciclistas”.
Pola súa banda Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes alabou o “enorme esforzo conxunto dos clubs e das institucións eiquí representadas por sacar adiante a organización de eventos deportivos que ademais xeran unha sinerxia económica”, manifestou o representate da Deputación.
Tamén falaron os concelleiros que representaban a Mos, José Areal, e Ponteareas, Miguel Bouzo. Ambos revalidaron o compromiso dos seus respectivos concellos con esta proba da que acollerán a primeira e segunda etapa respectivamente.
Rematou o acto de presentación, David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño que lembrou que dende o ano 1996 o concello porriñés manten un apoio permanente ao ciclismo con achegas que suman un millón de euros. E garantiu que este ano a “Challenge Rias Baixas” volverá “a dar moito espectáculo tanto na contra reloxo de Guláns como na etapa que rematará no Pazo de Mos e agardemos que na última que acolleremos no Porriño”.
O ciclismo da bisbarra volverá ás estradas cunha competición como a “Challenge Rías Baixas” que neste ano 2021 vai cumprir a súa quinta edición, coa organización do club “Master da Louriña”. A proba terá lugar na fin de semana do 8 e 9 de maio, cando o Goberno Central ten previsto que decaia o estado de alarma e que se alivien moitas das restricións que aínda temos hoxe.
En 2020, a “Challenge” celebrouse nas súas datas habituais de finais de febreiro, é dicir antes da declaración da pandemia.
O vindeiro xoves 29, ás 12 horas, terá lugar na praza do Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello do Porriño, a presentación da edición deste ano nunha roda de prensa na que participará David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño xunto cos seus homólogos dos concellos de Ponteareas e Mos xa que cada un destes concellos albergará unha etapa da “Challenge”. Á presentación tamén asistirá Gorka Gómez, deputado de Deportes, no nome da Deputación Provincial.
O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma “Soom Management”, a explotación da Piscina Municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.
O acordo tomouse esta tarde pleno municipal ordinario de marzo, na sesión retomada no punto no que se suspendeu o pasado mércores. Votaron a favor os sete concelleiros presentes hoxe (4 do PSOE, 2 do BNG e Manuel Carrera da UDDL). Non acudiron os concelleiros e concelleiras dos restantes grupos municipais.
A alcaldesa Eva García explicou que a convocatoria respondía ao principio de “unidade de acto” recollido na lexislación municipal vixente e polo tanto a sesión retomábase e rematábase hoxe. “E o mesmo pleno coa mesma orde do día que se celebra en dúas sesión. Non hai nin nulidade nin ilegalidade nesta convocatoria”, rematou a alcaldesa que citou que “tamén ese é o criterio” do secretario xeral do Concello, Eduardo Portela.
Lembremos que na primeira parte deste pleno, tomáronse dous acordos salientables e ambos por unanimidade dos 17 concelleiros da corporación. Deste xeito acordouse que o Concello do Porriño habilite a liña de axudas económicas directas aos sectores máis afectados pola Covid, cunha asignación total de 140.000 €. O plan, chamado “Porriño Impulsa 2021” está destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual. Tamén aprobouse por unanimidade unha modificación do orzamento por unha cantidade de 108.000 € para afrontar as achegas municipais a varios programas de contratación de persoal subvencionado que suporán a creación de 196 postos de traballo.
Tamén na primeira deste pleno tomou posesión como nova concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Ascensión Rosario Costas que cubre a vacante deixada por Ana María Paradela.
O pleno municipal ordinario que se celebrará este mércores 31, a partir das 18:00 horas, abordará a aprobación da liña de axudas económicas directas aos sectores máis afectados pola Covid, cunha asignación total de 140.000 €. O plan, chamado “Porriño Impulsa 2021” está destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual.
Na mesma sesión plenaria, inclúese unha modificación do orzamento por unha cantidade de 108.000 € para afrontar as contribucións municipais a varios programas de contratación de persoal subvencionado.
A corporación tamén decidirá se aceptar a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma “Soom Management”, a explotación da piscina municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual de 24 traballadores da piscina municipal.
Ademais, será trasladada á Corporación, unha proposta para unha declaración de apoio institucional á industria cárnica, sector moi vencellado a Porriño. Na declaración de apoio é valorado que o sector da carne xera mil postos de traballo no municipio e preto de 250 millóns de euros na facturación.
Finalmente, nesta sesión tomará posesión como nova concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Ascensión Rosario Costas que cubrirá a vacante deixada por Ana María Paradela.
Esta tarde celebraranse tres comisións informativas que prepararán a sesión de marzo que se celebrará o vindeiro mércores 31.
A Comisión de Economía e Hacienda (18 h) tratará a modificación orzamentaria para a contribución do Concello á liña de axudas “Porriño Impulsa 2021” para hostalería, comercio e autónomos afectados polas restricións por mor da pandemia.
A operación mediante suplemento de crédito financiado co remanente do tesourería será de 82.138 euros que é a contribución municipal que completará os 57.861 euros que proporciona a Deputación ata acadar os 140.000 euros do importe total da axudas que dará o Concello aos sectores económicos máis afectados.
Doutra banda, esta tarde tamén se celebrará como unha comisión municipal de Urbanismo (18.30 h) e comisión de Deportes que coñecerá a proposta da mesa de contratación na licitación da prestación de servizos na Piscina Municipal.
Deixamos ligazón coa orde do día de cada comisión en “pdf”
O Concello do Porriño renovou a subvención anual para o Club de Atletismo Porriño que esta tempada 2021 recibirá 17.000 €. David Alonso, concelleiro de Deportes e Patricia Estévez, presidenta do club formalizaron o procedemento nas instalacións da pista de atletismo no Polígono da Granxa, coa presenza de atletas de distintas categorías.
O Club de Atletismo Porriño conta con 175 expedientes federados, dos cales 120 son residentes empadroados no municipio porriñés. Estrutúrase en dúas seccións: atletismo e tríatlon, que permite complementar a actividade atlética coa natación e o ciclismo.
Hoxe, coa estrea da desescalada, o Concello do Porriño anunciou a reapertura da Piscina Municipal.
Segundo a dirección da instalación, o uso da piscina lévase a cabo nos mesmos termos que antes do 27 de xaneiro. É dicir, mediante solicitude de cita previa tanto para a piscina como para o ximnasio, xa que as quendas de uso son con capacidade restrinxida.
Restáuranse as clases de natación, aquagym, pilates e ximnasia de mantemento, tamén con quendas de catro persoas por monitor.
A alcaldesa, Eva García, en presenza do concelleiro delegado de Deportes, David Alonso, asinou este mediodía o contrato de patrocinio do Concello do Porriño co club ciclista Master da Louriña, representado polo seu presidente, Juan José Alvarez Cerdeira.
A achega municipal será de 15.000 euros para esta entidade deportiva que ten 110 licenzas para esta tempada.
Manteñen 5 equipos en categorías elite e sub 23 masculino e feminino; en alevíns femininos; na categoría máster (veteranos) e a nova formación de “mountain bike” para categoría BTT-XCO.
Esta campaña copmpetirá baixo a denominación “La Sal Cocinas Louriña”, despois do acordo con esa firma, como principal patrocinador privado.
A escuadra porriñesa dispón entre os seus principais baluartes con Aida Valiño, Uxía Fernández, Carla Guisande, Elsa Pena e en homes con Gustavo Rodríguez e Anxo Lorenzo.
A Concellería de Deportes informa que o Concello do Porriño acordou reabrir algunhas instalacións deportivas de titularidade municipal para a práctica de actividades deportivas federadas a nivel autonómico nos termos e restricións que actualmente determina a Xunta de Galicia. Por medio dun decreto da Alcaldía comunícase a reapertura das instalacións deportivas que acollen actividades federadas, “os límites e consideracións que se recollen no decreto da Xunta deben ser respectados polos deportistas”. A decisión permite reabrir, polo momento, os pavillóns do Polideportivo Municipal, as pistas de tenis e pádel así como as pistas de atletismo.