Retomamos o Entroido co desfile de comparsas do martes

O tempo comeza a dar unha tregua e no Porriño aproveitan para retomar o seu Entroido. Tras coordinarse coas diferentes comparsas, a concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, acordou celebrar mañá o desfile de Entroido no que están confirmadas 18 comparsas, máis de 1600 participantes nas rúas da vila.

Para o resto da programación aprazada fixarase data nos próximos días. O desfile arrancará mañá ás 19 h da praza de San Sebastián e percorrerá o centro da vila ata pasar a praza Arquitecto Antonio Palacios.

 

Aprázase o Entroido polo mal tempo

O mal tempo non dá tregua e as previsións meteorolóxicas para os próximos días ameazan ao Entroido. Co fin de poder disfrutar das actividades programadas por todo o alto, o Concello do Porriño acordou aprazar a programación do Entroido para esta semana.

Mantéñense os obradoiros infantís que se trasladan ao Centro Cultural Municipal.  

As novas datas de celebración dos desfiles de comparsas e o resto de actos previstos anunciaranse nos próximos días, unha vez se coordinen con todos os participantes.

“É unha mágoa pero o Entroido é para que o disfrutemos todos e todas a fondo e iso faremos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Os desfiles e actividades nestas condicións supoñen ademais un risco para os case 2000 participantes, así que sairemos a disfrutar destas festas en canto poidamos facelo sen máis preocupación que divertirnos e pásalo ben xuntos”.

 

Luces, música, acción: arranca unha semana de Entroido no Porriño

No Porriño xa está todo listo para dar a benvida ao Entroido e desta vez dunha maneira moi especial: co acendido das primeiras Luces de Entroido que dará paso a unha semana de festas con propostas para todas as idades, música, animación moita cor e ritmo. Será mañá ás 19 h na praza Arquitecto Antonio Palacios e os encargados de premer o botón que acenderá a vila serán os nenos e nenas gañadores do III Concurso de Carteis de Nadal, Carmen –a autora do cartel do Entroido 24-, Lucas, Xiana, Mara, Carla, Naira, Xabier, Johan e Icía. Mara, en nome de todos os seus compañeiros e compañeiras convidou a “todo o mundo a acompañarnos neste momento e dar benvida xuntos ao Entroido do Porriño”.

O fixo no acto de presentación da programación de Entroido que tivo lugar esta mañá no Concello e no que tamén estiveron presentes o alcalde, Alejandro Lorenzo , concelleiros e concelleiras, os nenos e nenas gañadores do concurso de carteis, hostaleiros, comerciantes, asociacións e como non podía ser doutra maneira, os pregoeiros e pregoeiras destas festas: os usuarios e usuarias de AFAGA. Como xa anunciamos, subirán ao balcón da casa consistorial a dar o inicio oficial do Entroido do Porriño o sábado 10 ás 12 h. “Para nós é unha honra e fainos moita ilusión e unha forma fantástica de festexar o noso 30 aniversario”, explicou Jesús María Andrea, terapeuta ocupacional da unidade de AFAGA no Porriño, “O Entroido é unha festa atemporal, na que non hai idades e na que nenos e maiores ilusionámonos e celebramos xuntos”.

Na mesma liña se manifestou o alcalde, que confesou sentirse “especialmente emocionado porque todos e todas, dende os máis pequenos aos maiores, disfrutemos xuntos da nosa vila e da vida, enchendo de cor O Porriño”. “Para min é unha honra que os nenos e nenas poñan a luz e os maiores queden para sempre na historia do Porriño e na nosa memoria”, concluíu o rexedor.

Lorenzo destacou que este ano volvemos facer historia cunha participación masiva nas actividades. “Serán 19 comparsas e máis de 1700 participantes os que desfilen polas rúas do Porriño o sábado –ás 18 h- e o martes -19 h-, ás so nos queda pedir que a choiva nos respete e nos deixe vivir a tope este momento”, engadiu concluíndo coa expresión que xa non pode faltar en ningún acto secundada por todos os presentes: “VIVA O PORRIÑO, VIVA O ENTROIDO DO PORRIÑO”.

Na programación atópase tamén o tradicional Xogo da Ola, que este ano chega á súa 80 edición, o velorio e enterro da Sardiña que pechará como cada ano o pasarrúas “Lume” de Troula , animación de rúa, festas e obradoiros infantís, concertos de La Patrulla, Gin Toni´s, América de Vigo, Dj´s … entre outras.

➕ Podedes consultar de maneira actualizada e descargar toda a programación na seguinte ligazón: https://ecultura.net/

O deseño de Carmen Sebastián ilustrará o Entroido do Porriño

O Entroido do Porriño xa ten cartel! O Concello deu a coñecer hoxe o cartel oficial do entroido porriñés deste ano. O deseño de Carmen Sebastián Díaz foi o elexido polo xurado do III Concurso Escolar de carteis do Entroido 2024. Carmen ten 8 anos e é alumna de segundo curso de primaria no colexio Hermanos Quiroga, e foi alí, rodeada dos seus compañeiros e compañeiras onde recibiu a noticia.
 
Entre bagoas de felicidade, como ela misma as definiu, e os abrazos e aplausos dos seus amigos e amigas festexou xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, e os membros do xurado que o seu deseño representará ás festas da vila e ela subirá, xunto cos pregoeiros de Afaga, ao balcón da Casa Consistorial.
 
Foi dificilísima a elección porque houbo unha ampla participación e a calidade e orixinalidade das propostas foi moi elevada, pero o deseño de Carmen impúxose entre todos eles, explicou o rexedor, As súa emoción e ledicia por ser parte importante destas festas tan nosas o vale todo, merecido recoñecemento.
 
O xurado composto polo rexedor e os artistas locais Juáncho, Nuria Vilanova, Nito Pereiro e Chelo Rodríguez, premiou tres deseños en cada unha das categorías. Todos eles recibirán un lote de material escolar e ademais estarán no pregón.
 
Os premiados nas tres categorías foron:
 
✅ DE 6 A 8 ANOS
1º premio: Carmen Sebastián Díaz (CPR Hermanos Quiroga)- CARTEL GAÑADOR ABSOLUTO
2º premio: Johan Villasboa (CPR Hermanos Quiroga)
3º premio: Icía Regueiro Pintos (CPR Hermanos Quiroga)
 
✅ DE 9 A 12 ANOS
1º premio: Lucas Rodríguez Rodríguez (CEIPP Antonio Palacios)
2º premio: Naira Domínguez Domínguez (CPRHermanos Quiroga)
3º premio, premio: Xabier Lorenzo Cardoso (CEIPP Antonio Palacios)
 
✅ DE 13 ANOS EN DIANTE
1º premio: Xiana Teijeiro Ramilo (CPR Santo Tomás)
2º premio: Mara Vicente Núñez (CPR Hermanos Quiroga)
3º premio: Carla Marques Vaquero (CPR Santo Tomás)

As xornadas `Acompañando na aventura de crecer´ chegan á súa terceira edición

O Porriño acolle unha nova edición, e xa van tres, das xornadas para familias e profesionais Acompañando na aventura de crecer, impulsadas pola Concellería de Cultura a través da Biblioteca Municipal.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, presentaron hoxe as xornadas xunto co responsable da Biblioteca Municipal e a coordinadora das mesmas, Laura Alonso Coto.

Nesta nova edición abordarase novamente e dende diferentes perspectivas, como favorecer e previr problemas de atención e aprendizaxe. A atención e a presenza plena son habilidades que se cultivan dende a primeira infancia e as persoas adultas temos a responsabilidade de ser modelo e fomentar o espazo que lle permita á nosa infancia cultivar esta aprendizaxe.

Repetindo o formato do ano anterior, que tivo tan boa acollida, nesta ocasión volverase realizar un obradoiro, previo á conferencia, no que se favorecerá a experimentación en grupos reducidos e que precisa dunha inscrición previa na biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@oporrino.org

Despois do obradoiro terá lugar a conferencia aberta a todo o público, que non require inscrición. Cabe destacar que durante o tempo da charla contarase con persoal para acompañar ás crianzas e aproveitar para mostrarlles o fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal.

A actividade arrancará o venres 16 de febreIro, coa conferencia A importancia do sono na saúde dos/as nenos/as a cargo de Isabel Portela, graduada en Enfermería experta en diagnóstico e tratamento de trastornos do sonos. Nela explorarase a relación entre o sono, o crecemento físico e o rendemento cognitivo dos/as nenos/as. O obxectivo é que os/as asistentes saian cun entendemento máis profundo da importancia do sono e obteñan as ferramentas prácticas para promover hábitos saudables nos/as pequenos/as.

A seguinte quenda será o venres 15 de marzo e abordarase a Visión e atención da man de Blanca Olmedo García-Señoráns, Óptica e Optometrista. Nela falarase sobre como a visión inflúe directamente no nivel de atención e no rendemento escolar.

A última será o 19 de abril a cargo da fisioterapeuta especialista en desenvolvemento infantil, Yolanda García Pizarro baixo o título O corpo e o movemento do/a neno/a como ferramenta para a súa aprendizaxe. Nesta xornada tratarse a conexión entre o desenvolvemento motor e os problemas de aprendizaxe.

Ioga, zumba e pilates no centro cultural Alba

O Concello do Porriño abre o prazo de inscrición nos cursos de ioga, zumba e pilates que se impartirán no Centro Cultural Alba, de Torneiros.
 
As actividades darán comezo a finais de febreiro e as inscricións xa poden realizarse por rexistro telemático ou de maneira presencial. As prazas están limitadas a 15 persoas por grupo.
 
As clases de Ioga impartiranse os luns de 19 a 20 h, as de Zumba os martes e xoves de 17 a 18 h e as de Pilates os venres de 19 a 20 h.

Hard GZ, Maka, Maikel Delacalle e Pignoise súmanse ao Negrita Music Festival do Porriño

Hard GZ, Maka, Maikel Delacalle e Pignoise serán algún dos artistas que se suman ao cartel do Negrita Music Festival , que se celebrará no Porriño os días 13 e 14 de setembro.

A organización avanzou hoxe os primeiros artistas que formarán parte deste festival, aínda que sete nomes máis desvelaranse máis adiante.

Abren o cartel Maka e Hard GZ. O cantante granadino Maka destaca pola súa fusión do flamenco, hip hop español e reguetón, colleitando grandes éxitos con temas como “El Arte de Vivir” que sumou máis de 85 millóns de reproduccións en Youtube. O galego Hard GZ dará a súa ampla visión do rap, na que fusiona a vella e nova escola, algo que o fixo triunfar en Europa e Latinoamérica.

Entre os confirmados atópase tamén Maikel Delacalle, recoñecido rapeiro coñecido por incorporar á súa música diferentes elementos do R&B, o hip hop ou o dancehall, e Pignoise, a banda de pop punk que conta con dez discos ás súas espaldas en dúas décadas de traxectoria.

Outros nomes desvelados son Lia Kali, J Abecia, Julieta, Lucho RK, Alvama Ice, Anthony Godfather, Amygdala e Traffic House.

E atentos! Que o mércores poñeranse á venta os primeiros abonos!

A nova sala de estudo cumpre tres meses sumando 1000 usuarios

Esta semana cúmprense tres meses dende que a nova sala de estudo do Porriño abrira as súas portas.

Proba da boa acollida deste recurso son os 1000 novos usuarios e usuarias rexistrados desde a súa posta en marcha e a asistencia diaria ás instalacións que supera os 150 accesos diarios.

Este espazo, dotado con 80 postos de estudo con conexión wifi e con un sistema de acceso libre y gratuito, ofrece todas as condicións para para facilitar a concentración dos usuarios e usuarias ofrecendo autonomía e unha flexibilidade horaria que permite a un segmento da poboación, que compaxina traballo con estudio, facer uso do mesmo.

Tamén destaca a a autoxestión do espazo e o ambiente de estudio colaborativo e respectuoso que se ofrece.

Dende a concellería de Cultura lembran que facer uso desta sala tan só é necesario rexistrarse na Biblioteca Municipal. Tamén lembrar que está aberta ao público todos os días da semana, en horario de mañá e tarde, con reforzo en época de exames.

“A alta demanda que ten esta sala demostra que era necesaria, que contar cun espazo en condicións para estudiar era unha petición da veciñanza máis que xustificada”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “As antigas instalacións non estaban á altura das necesidades da veciñanza”. 

O pregón de Afaga dará a benvida ao Entroido do Porriño

O Concello do Porriño ten o pracer de anunciar que este ano, os usuarios de Afaga, entidade sen ánimo de lucro dedicada ao apoio de persoas maiores con deterioro cognitivo, especialmente relacionado co Alzheimer, serán os pregoeiros do Entroido.

Afaga, recoñecida pola súa labor na colaboración con distintas administracións, destaca por ofrecer unha variedade de terapias, obradoiros e actividades que buscan previr e ralentizar o deterioro cognitivo dos nosos maiores.

Este recoñecemento como pregoeiros do Entroido é unha homenaxe á súa inestimable contribución á comunidade, destacando o papel activo e vital que teñen os nosos maiores na sociedade.

“A elección dos usuarios de Afaga como pregoeiros non só celebra o seu espírito e aportación á vida comunitaria do Porriño, senón que tamén busca xerar conciencia sobre a importancia do coidado e a inclusión das persoas con deterioro cognitivo en todas as esferas da vida pública e cultural”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “É unha verdadeira honra que sexan os pregoeiros do noso Entroido”.

Así, dende o Concello convidan á veciñanza a participar no Entroido e a apoiar esta iniciativa, que reflicte o compromiso do Porriño coa inclusión e o respecto á diversidade.

 

 

O Concello do Porriño adxudica por 67.000 euros o acondicionamento da Sala de exposicións Antonio Palacios

 

 

O Concello do Porriño vén de adxudicar a obra para o acondicionamento do local que albergará a Sala de Exposicións Antonio Palacios, un museo no que se mostrará, a través de diferentes materiais, a traxectoria profesional e tamén persoal do artista, algúns deles incluso inéditos e descoñecidos ata o día de hoxe.

Trátase dun baixo, cunha superficie de 107,88 metros cadrados, localizado na rúa que leva o nome do ilustre arquitecto, situado ao carón da nova aula de estudios, coa que estará unida pola parte interior e coa que compartirá servizos como os aseos.

Os traballos adxudicáronse nunha mesa de contratación celebrada esta mesma mañá por un importe de 66.988,64 euros. Os mesmos teñen un prazo de execución, segundo proxecto, de dous meses. Con todo, dende hoxe establécense 20 días para a formalización do contrato máis un mes máis de marxe para que a empresa comece coa obra. Deste xeito, prevese que para o mes de maio o Porriño inaugure esta sala museística en honra ao seu ilustre veciño Antonio Palacios, do cal este ano se conmemora o 150 aniversario do seu nacemento.

Precisamente, a apertura desta mostra permanente é unha das moitas actividades e actos que encherán a axenda cultural porriñesa neste 2024, no que tamén se cumpren 100 anos da construción da Casa Consistorial, a obra máis representativa das deseñadas por Antonio Palacios na súa vila natal. Outra das iniciativas, como reclamo turístico e cultural, será a Ruta Palacios.

“Teremos unha ampla programación ao longo de todo o ano para poñer en valor a figura de Palacios”, remarca o alcalde Alejandro Lorenzo. “Antonio Palacios é un absoluto referente na vila e queremos poñer en valor o seu legado, especialmente o que deixou no Porriño. Neste 2024, Palacios estará, se cabe, máis presente no Porriño”, subliña.

A Sala de Exposicións Antonio Palacios albergará unha mostra permanente con todos os textos, debuxos, planos, maquetas  e documentos que se gardan del. “Temos moito material orixinal de gran valor, un verdadeiro tesouro cultural que queremos dar a coñecer a toda a veciñanza e facelo público a todo o mundo”, explica o alcalde.

Honra floral e calendario

Foi un 8 de xaneiro, do ano 1874, cando naceu Antonio Palacios. Precisamente, o pasado luns, o alcalde Alejandro Lorenzo achegouse ao cemiterio para deixar na sepultura onde foi soterrado un ramo de flores en nome de toda a veciñanza do Porriño como xesto de homenaxe a un dos veciños máis ilustres.

O deseño do calendario municipal deste ano está dedicado integramente á figura deste artista, con imaxes de arquivo e actuais a través das cales se observa o transcorrer do tempo, “perdurando sempre a esencia, o patrimonio cultural e arquitectónico, ese gran legado que Palacios deixou na vila e que agora atesouramos todos”. Un almanaque pensado para repartir entre todos os porriñeses e que, así, “todos sexamos partícipes desta herdanza e reservemos un recuncho dos nosos fogares para expoñela”. Deste xeito, aquelas persoas interesadas en ter un exemplar do calendario poden recollelo no centro cultural ou no Concello.