O mércores 4 de setembro volve arrancar a oficina municipal móbil para achegar a administración local á veciñanza do rural. Un servizo pioneiro co que o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa atención directa e cercana aos veciños e veciñas.

Como sempre a caravana desprazarase os mércores de 9 a 13 h ao lugar sinalado. Comezará en Mosende, no torreiro de San Diego, a vindeira semana. Estará en no torreiro de Cans o 11 de setembro, no local social do Outeiro de Atios o 18, no centro cultural do Casal-Chan de Budiño o día 25, no centro cultural Alba de Torneiros o mércores 2 de outubro, no centro cultural de Pontellas o día 9, no centro cultural de Chenlo o día 16, e rematará esta segunda volta no centro cultural As Mimosas do barrio de Carracido o día 23.

Proporcionarán unha cobertura completa ás necesidades dos cidadáns, incluíndo temas relacionados con atención cidadá, urbanismo, limpieza, obras públicos ou saneamento. Permitirá rexistrar entradas e saídas de documentos, realizar consultas e recibir asesoramento sin necesidade de desprazarse ao centro urbano. O propio alcalde estará disponible para citas na autocaravana, xunto con funcionarios habilitados, como un xesto mais por mellorar a comunicación e a transparencia, e ofrecer un enfoque personal e accesible á xestión municipal.

“A boa acollida que tivo esta iniciativa demostra que era moi necesaria para mellorar a eficiencia nos servicios municipais e, ao mesmo tempo, fortalecer a conexión entre o Concello e a veciñanza”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo.