A Concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, informa dun cambio de horario no servizo de recollida de papel e cartón comercial.
A partir do xoves 1 de decembro, os establecementos que estean adheridos a este servizo gratuíto deberán cambiar o horario no que deixaban os residuos na porta do local, xa que se recollerá ás 14 h dos martes e xoves.
Os comercios que aínda non estean inscritos e desexen utilizar este servizo poden anotarse no 665571555 ou enviando un email a tecnicoporrino@serviciosdosconcellosgalegos.es para poder engadilos á ruta de recollida.
Teléfono de recollida de entullos: 665 571 555
Dende a concellería de Limpeza recordan que depositar entullos na vía pública está prohibido e é obxecto de sanción.
O Concello do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de cita previa. Todos aqueles que queiran desfacerse de voluminosos deberán chamar ao 655 571 555 e o servizo de limpeza municipal indicaralles onde e cando deben depositar estes enseres.
Tamén poden acudir directamente ao Punto Limpo, sito no Polígono A Granxa (Rúa Cíes 187) de luns a venres en horario de 10 a 14 h (os luns tamén de 16 a 20h).