O Concello informa que, con motivo da celebración da carreira OP.10K o domingo 23 de marzo de 2025, establécense restricións de aparcamento e circulación nas seguintes rúas:
Prohibicións de estacionamento
Desde as 22:00 h do sábado 22 de marzo ata a finalización da proba deportiva, estará prohibido o estacionamento nas seguintes vías:
- Avenida de Galicia (únicamente o carril de entrada de Mos a Porriño).
- Rúa Domingo Bueno (desde Aloques ata a gasolineira de Atios – A Guía).
- Rúa Fernández López.
- Rúa Manuel Rodríguez (desde o cruce de Pontenova ata a Praza de San Sebastián).
- Rúa San Sebastián (desde Manuel Rodríguez ata a Praza de San Sebastián).
- Rúa Leandro Diz (na súa totalidade).
- Rúa Cando e Praza de Abastos.
- Rúa Xogo da Ola.
- Rúa Ramiráns (en sentido saída desde a Praza Central cara a Mos).
Peche ao tráfico rodado
O domingo 23 de marzo, a partir das 9:00 h, todas as rúas afectadas pola prohibición de aparcamento tamén permanecerán pechadas ao tráfico, incluíndo ademais:
- Rúa Pío XII.
- Rúa Fontevella.
Agradecemos a colaboración da veciñanza e lamentamos as posibles molestias.