Hoxe deu comezo o curso Galegas Dixitais no que participan 20 mulleres do Porriño. Unha oportunidade única para adquirir coñecementos e competencias dixitais útiles para o seu día a día, mellorar a empregabilidade e emprendemento.
O programa, ao que se uniu o Concello do Porriño, está organizado por Beproject e Ara Formación e financiado polos Fondos Europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
A actividade é totalmente gratuíta e agrúpase nos seguintes bloques:
- Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración
- Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración
- Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración