Eva García, alcaldesa da cidade invitou a “a todos e todas porriñesas a vir ás Festas da San Benito así como a todos os habitantes da bisbarra e da área metropolitana para que se acerquen a Porriño e veñan a disfrutar con nós” segundo dixo na presentación do programa festivo realizada esta mañán no Concello,

Este serán haberá verbena co grupo “Chastón” a partires das 21,30 horas

Mañá xoves 11, festivo local, Día de San Benito, haberá pasarrúas matinal a cargo da Banda de Música Municipal de Redondela.

Polo serán un concerto da Banda da Escola Municipal de Porriño (20 horas), unha verbena a cargo do grupo “Canela” (21 horas) e outra ás 23 horas con “Kubo”.

O venres 12 os actos comezarán ás 19,30 horas coa actuación da Agrupación San Xurxo de Mosende. Ás 21 horas haberá un concerto de acordeóns da “Argonat Band”. E de noite, dende as 22,30 horas verbena a cargo do grupo M-3.

Os festexos están organizados polo Concello de Porriño en colaboración coa Comisión de Festas de San Benito, cun orzamento que non chega ós 20.000 €uros.

David Alonso, como concelleiro de Festas neste intre, valorou que “o programa que fixemos moi completo é para todas as idades”.

No que atinxe ós actos relixiosos o xoves celebraranse varios oficios e a mediodía a Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa María. Ó remate da misa, haberá procesión ata a Capela de San Benito e despois a tradicional subasta das uvas do santo e as ofrendas diante da capela.

IMG