Como xa é tradición no  Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro. 

Desde as 11 da mañá, pequenos e grandes disfrutaron da festa mentres os máis pequenos deron as badaladas á súa maneira. Nun escenario decorado para a ocasión, a animación, os obradoiros navideños, os personaxes infantís e a música envolveron ás familias nun ambiente de pura maxia.

Alma, Daniela e Triana foron as encargadas de dirixir as badaladas para dar a benvida ao novo ano, un ano que, como dixeron, “será un novo comezo para todos os nenos e nenas do Porriño. E por iso estamos aquí xuntos, porque nós somos como o novo ano, somos o futuro”. 

As mestras de cerimonia fixeron público un compromiso da cativada da vila: “Hoxe aquí, xuntos, prometemos estudar un montón e aprobar todo no cole e no instituto. Prometemos que cada mala cara converterase nun sorriso este 2025 e cada mala palabra, nun abrazo”. Xusto antes de comezar a soar as badaladas deixaron ben claro que “este ano seguro será o mellor ano, pero iso hai que empezalo como se merece”. 

E así foi. Co reloxo do Concello marcando as doce en punto, os nenos tomaron as súas uvas de gominola e brindaron con champán de chocolate, facendo desta experiencia un momento inolvidable.

Un dos momentos máis agardados foi o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona que saíu ao escenario tan pronto sonou a última badalada para sorpresa da cativada. 

Lembramos que ás 12 da noite, O Porriño vivirá a tradicional celebración pre-fin de ano cos maiores, que tamén disfrutarán das badaladas ao ritmo de El Combo Dominicano e con Raquel Atanes e Juan Fuentes como presentadores. Será na Avda. Domingo Bueno. Os actos comenzarán ás 19 h co pasarrúas das tres rondallas (Rondalla Santa Eulalia de Atios, Rondalla da AC Pontellas e Rondalla Santa María do Porriño). Ás 22 h comezará o concerto de El Combo Dominicano e ás 12 h en punto soarán as badaladas que darán paso ao 2025, que chega con cotillón, chocolate para todos e unha sesión dj para recibilo como merece.