Ampliamos o horario de atención para informar sobre os requerimentos de obrigatoriedade de limpeza das fincas e tramitar os seguintes formularios :
- solicitude de ampliación do prazo requerido
- inexistencia de masa a xestionar
- non titularidade da propiedade
Atención presencial no Concello do Porriño en horario de mañá e tarde: de 9 a 14 h e de 16:30 a 19:30 h Para acudir en horario de tarde é preciso pedir cita nos teléfonos 649 897 084 / 686 734 630
Tamén se desprazará persoal ás parroquias en horario de 9 a 14 h: Centro Cultural de Mosende (mércores 8 de xaneiro), Sede da Entidade Local de Chenlo (xoves 9 de xaneiro), CC A Forna de Budiño (venres 10 de xaneiro), CC de Atios (luns 13 de xaneiro), CC San Salvador de Torneiros (martes 14 de xaneiro) e CC de Cans (mércores 15 de xaneiro).