Tal e como anunciara, a alcaldesa do Porriño comparece este mércores,día 24 de xaneiro, a petición propia, nun Pleno no que dará resposta, polo miúdo, ás novas publicadas, nalgúns medios de comunicación, sobre a suposta contratación irregular de servizos municipais.
Eva García de la Torre entende que “é diante das veciñas e veciños do Porriño e da súa Corporación Municipal onde teño que dar estas explicacións para tranquilizar ás porriñesas e porriñeses e deixar claro que non hai trama algunha para saltarse a lei”.