A Asociación Deportiva Avanza, organizadora do evento, agarda acadar mañán sábado 450 participantes nas dúas probas de bicicleta de montaña que se celebrarán nos Montes da Risca, patrocinadas polo Concello de Porriño. Dese total, 250 serán nenos e nenas de ata 13 anos de idade inscritos para o “Trofeo Mini BTT Concello de Porriño” que se celebrará a partir das 10 da mañán. E por outra banda, estímase que haberá 200 participantes na proba “I Trofeo XCO Concello de Porriño” que agrupará a 200 participantes das categorías cadete, senior e master 50. Esta proba de bicicleta de montaña campo a través comezará ás 16,30 e rematará árredor das 19,30 coa entrega de premios segundo as previsions dos organizadores.
Eva García, alcaldesa de Porriño, Julio Bernárdez, do Servizo de Deportes do Concello e Ricardo Maquieira, representante da AD Avanza realizaron a presentación acompañados por Adrián Maquieira, que será un dos participantes na proba infantil.


A organización destes eventos deportivos “reflicten o traballo de canteira que estamos a facer dende a Asociacion Deportiva Avanza que conta con aproximadamente 90 rapaces e rapazas, a meirande parte de Porriño, na súa escola de ciclismo, unha laboura que non seríamos quén de realizar senon fora polo importantísimo apoio económico do Concello de Porriño”, sinalou Ricardo Maquieira.
“Estamos moi orgullosos dese traballo de formación que por iso apoiamos dende O Concello e que está en consoancia co apoio xeral ó deporte e en particular ó ciclismo que está tan vencellado a nosa cidade”, respostou Eva García de la Torre que desexou “moita sorte e bo tempo para o mellor desenrolo das competicions”.