Porrigalia 2024 xa está en marcha. A celebración, organizada polo Concello do Porriño, terá lugar o venres 12 e o sábado 13 de xullo. O Porriño encherase de galos, romanos, castrexos, exipcios e gregos, que desfilarán polas rúas da vila e competirán nos seus populares xogos.
Poderán participar todas aquelas ANPAS, asociacións culturais e veciñais, clubs deportivos do municipio e a AECC que presenten comparsas integradas por un mínimo de 8 compoñentes e que acudan caracterizados dunha das cinco civilizacións de Porriño.
Cada comparsa participante recibirá un premio de 300 euros, que se otorgará ata alcanzar o importe máximo establecido de 5.400 euros (por orde rigoroso de inscrición). Aquelas comparsas que desexen participar en Porrigalia fóra deste orzamento, poderán inscribirse pero sen opción ao premio por participación.
O prazo de inscrición para participar nos desfiles de comparsas xa está aberto e rematará o 30 de xuño. As bases e toda a información están xa publicadas na páxina web de Porrigalia do Concello do Porriño.