O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño.
Trátase da sexta edición da proba posto que en 2018 non chegou a celebrarse polo terrible suceso de Paramos, en Tui. A organización decidiu suspender ó atoparse Tui de loito oficial e máxime sendo este concello o punto de partida da Triatlón coa proba de natación no río Miño.
Polo tanto doce meses despois o Triatlón Concello de Porriño retorna coas forzas renovadas. A organización está cos preparativos da proba que será oficialmente presentada o 24 de maio, nun formato novedoso.
O prazo de inscripción xa está aberto. Podese consultar e tramitar a través da páxina web triatlonconcellodoporrino.com que dispón dun enlace para o formulario de inscripción on line coa Federación Galega de Triatlón (FEGATRI).
