A Xunta Local de Seguridade do Porriño, na que se atopan representados todos os corpos de seguridade que actúan no municipio, reuníuse onte para abordar de maneira conxunta diversos temas relacionados coa seguridade.
Estiveron presentes o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o tenente de Alcalde, Carlos Martínez, o asesor do subdelegado, Anxo Barros, o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil, Simon Venzal, o Capitán da Garda Civil do Porriño, o Inspector Xefe da Policía Local do Porriño, Daniel Rodríguez, e representantes de ambos corpos.
A Xunta centrouse na análise da seguridade no Porriño e nos procedementos de colaboración, coordinación e cooperación entre os corpos e forzas de seguridade con presenza no Concello.
Neste senso, acordouse reforzar o intercambio de información entre todos eles, asegurar a coordinación operativa das actuacións co fin de conseguir unha maior eficiencia e eficacia na resposta.
O seguemento do protocolo VioGén, a raíz do convenio asinado entre o Concello do Porriño e a Comandancia da Garda Civil, a petición do Concello, foi outro dos puntos relevantes da xuntanza. Para abordalo con máis profundidade, pois trátase dun tema especialmente relevante para o executivo local, convocarase próximamente a Mesa local de coordinación contra a violencia de xénero.
“O Porriño é un concello seguro, vivo e dinámico no que estamos preaparados para garantir a seguridade da veciñanza”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E isto non podería ser así sen o encomiable labor da nosa Policía Local e da Garda Civil, aos aque agradezco enormemente o traballo que realizan”.