Ao longo deste luns xa superouse a barreira dos 600 inscritos “o que supón un bo ritmo”, segundo as previsións da Concellería de Deportes e do Club de Atletismo Porriño que agardan nestas dúas semanas que medre o número de participantes na segunda edición da “Porriño 10k”. Esta carreira pedestre pretende establecer un novo record de inscricións. En 2019 rexistrou 1385 participantes e a pretensión do Concello e do Club de Atletismo é acadar os 1500.

A proba terá lugar o 15 de marzo. A inscrición realizase a través da páxina web de championchipnorte.com.

Nas dúas imaxes adxuntas amosamos a camiseta técnica de asas (de cor laranxa) que recibiran como agasallo todos os inscritos. Que previamente deberán aportar un kilo de alimentos non perecedoiros para “SOS Porriño”. E a sudadeira de cor limón será para os cen voluntarios que colaborarán a manter a orde durante a proba.

David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño manifestou que o traballo de ese cento de voluntarios “temos que agradecelo de xeito moi especial porque son vitais para garantir a seguridade de todos os participantes”.

“Porriño 10K” naceu en 2019 como consecuencia da desaparición da sua predecesora, a “Interrunning”. Este ano vanse mellorar diversos eidos na loxística da proba.
A zona de saída e meta que estará sitúada na praza do Concello tamén acollerá un espazo de avituallamento onde todos os participantes recibirán alimentos diversos elaborados coa colaboración das panaderías porriñesas. Tamén haberá un arco de meta con leds, un camión pódium e unha pantalla xigante para seguir a retransmisión en “streaming” que se realizará da proba con duas cámaras movis e outra fixa na praza.