O Porriño avanza na extensión da súa rede de saneamento coa vista posta na execución integral. O Consorcio de Augas do Louro vén de adxudicar as obras de extensión da rede no Outeiro, na parroquia de Pontellas, que dará servizo a máis de 20 vivendas.
En total, executarase preto de 1 km de rede, o que permitirá que máis de 60 veciños e veciñas da parroquia de Pontellas dispoñan de conexión a este servizo.
A obra licitouse cun orzamento base de 167.000 euros e xa foi adxudicada en 158.000 euros, polo que os traballos darán comezo en breve e estarán rematados aproximadamente en dous meses.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, visitaron hoxe a zona onde se levarán a cabo as obras. O rexedor, lembrou que o compromiso do goberno local coa acometida do saneamento segue a ser firme e unha actuación prioritaria, polo que dende que se atopa ao frente da alcaldía proxectáronse todos os traballos pendentes e planificouse a folla de ruta para a ejecución integral no termo municipal, en base ao Plan Director do Consorcio de Augas do Louro, entidade que preside.