Un total de 220 alumnos e alumnas dos centros docentes de Porriño van participar no programa “KidCode 2019” de obradoiros e visitas guiadas tecnolóxicas . A iniciativa parte do Concello de Porriño, a través da OMIX e pretende “axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades nese eido mediante ferramentas coma a programación, robótica, deseño, impresión 3D ou electrónica.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño anuncia que levará a cabo este programa “KidCode2019” durante o mes de abril. De feito a partir de hoxe luns 1 de abril e de mañaán, martes 2, alumnos de Secundaria realizarán as primeiras visitas ás instalacions que a empresa colaboradora “KidCode” dispon en Vigo, para participar en obradoiros de diversas tecnologías durante tres horas.
No que atinxe ó alumnado dos colexios de Primaria, os obradoiros impartiranse nos propios centros docentes e dacordo o nivel dos rapaces. As materias serán tamén robótica, inteligencia artificial, deseño e impresión 3D, entre outras. As sesions de “KidCode 2019” nos colexios comezarán a partir do 12 de abril.