A Oficina Móbil de Atención ás Persoas Migrantes Retornadas chega este venres ao Porriño. Trátase dun recurso innovador da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia destinado a facilitar o retorno e a integración dos galegos que regresan a súa terra tras residir no estranxeiro.
A oficina móbil estará na praza Arquitecto Antonio Palacios este venres 18 de outubro de 10 a 14h ofrecendo atención personalizada e apoio para atender as necesidades específicas das persoas retornadas e das súas familias. Para concertar citas pode chamar ao 900 102 380 ou achegarse directamente á unidade móvil de atención ás personas retornadas,
Entre os servizos que se ofrecerán a través da Oficina Móbil atópanse o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as diferentes axudas económicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia. Tamén se brindará axuda nos trámites administrativos, prestando apoio na realización de xestións relacionadas coa sanidade, educación, Seguridade Social e outras cuestións importantes para a vida cotiá das persoas retornadas. Ademais, incluese orientación laboral, proporcionando asesoramento para a busca de emprego en Galicia e guía sobre a validación de títulos acadados no estranxeiro. Por último, ofrecerase información sobre vivenda e educación, asistindo ás familias retornadas nas opcións de vivenda dispoñibles e nos recursos educativos para fillas e fillos.