• O Concello do Porriño inviste máis de 27.000 euros na instalacións dun novo colector, tres pozos de rexistro e catro acometidas domiciliarias

O Porriño, 28 de agosto de 2025.- O alcalde do Porriño Alejandro Lorenzo visitou as obras de saneamento que se están a executar na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, e que xa se atopan na súa fase final coa repavimentación do camiño. A actuación enmárcase nunha serie de melloras nos servizos e infraestruturas que o Concello do Porriño está a realizar a favor dos usuarios dos mesmos.

Esta actuación, cun investimento de 27.710 euros financiada a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, supón unha mellora substancial na rede de saneamento desta zona rural, que presentaba importantes deficiencias.

“A rede de saneamento dalgúns núcleos rurais do municipio resulta totalmente insuficiente nalgúns casos ou atópase nun estado de precariedade noutros, feito que fai necesaria unha importante intervención de mellora sobre a mesma”, explica o alcalde. É por este motivo que o Concello puxo en marcha este proxecto de cara a ampliar e modernizar dita rede en prol da mellora da calidade de vida da veciñanza desta zona da parroquia de Atios.

O proxecto inclúe a instalación dun colector novo por gravidade composto por 120 metros de tubaxe e tres pozos de rexistro, para dar servizo a catro vivendas unifamiliares e a repavimentación do vial. Precisamente, os traballos céntranse estes días na aplicación do novo aglomerado asfáltico nun treito de 180 metros, cun ancho medio de 5 metros, que deixará o

Segundo explicou o alcalde durante a visita, “esta obra responde a unha demanda histórica da veciñanza e encaixa dentro do noso compromiso de ir paso a paso ata acadar o cen por cen do saneamento, garantindo servizos públicos de calidade en todas as parroquias do Porriño”.

Os traballos estanse a desenvolver con normalidade e rematarán nos vindeiros días, cumprindo os prazos previstos.