Leire Pajín, ex-ministra de Igualdade entre 2010 e 2011, participará hoxe martes 12 nun coloquio dentro da programación “As mulleres fan Porriño” promovida polo Concello co gallo do 8M. A ex-ministra socialista compartirá mesa redonda con Carmen Avendaño, presidenta da Fundación “Erguete” e con Carla Reyes, xornalista e dirixente empresarial.
Leire Pajín preside actualmente REDS (Rede Española para o Desenrolo Sostible). Ten relatado que na súa ampla carreira en cargos públicos, especialmente cando foi ministra do goberno de Rodriguez Zapatero, tivo que soportar ataques machistas de diversos políticos da oposición como León de la Riva, quen fora alcalde de Valladolid. Carmen Avendaño, sobranceira activista social, nai contra as drogas e alma mater da asociación “Erguete”, ten sufrido moitos vilipendios dos capos do narcotráfico contra os que ten batallado tantos anos.Carla Reyes, xornalista colaboradora en diversos medios informativos, preside hai cinco anos a asociación “Executivas Galicia” desde onde manten un activismo baseado en que as mulleres acaden a súa independencia económica defendendo os intereses das mulleres directivas de empresas en Galicia.O debate comenzará ás 19,30 h e se celebrará no Centro Cultural Municipal.