Mañan xoves día 30 terá lugar a presentación da VI edición do Triatlón Concello do Porriño que se desenrolará na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 13 horas. A ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega de BTT Master 40, actuará de madriña, invitada polo Concello coa intención de render na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Por esa mesma razón este ano a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.


A presentación estará presidida pola alcaldesa Eva García, en representación do Concello de Porriño. Acudirá no nome do Concello de Tui, polo que transcurre unha parte da proba, Eduardo Freiría, concelleiro de Deportes. Tamén asistirán Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón e Ignacio Tobarra, Comandante de Mariña de Tui.
A inscripción para esta VI edición do Triatlón Concello de Porriño estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba, considerada das mellores que se celebran en Galicia polas súas características técnicas e deportivas dado que inclue tres transicións.