A delegación que representou a Porriño no I Encontro de Participación Infantil e de Adolescencia de Galicia celebrado este pasado fin de semana en Castrelo do Miño tivo unha actuación sobranceira. Os catro alumnos Carla, laura, Anxo e Pablo que acudiron en representación dos nenos e nenas de Porriño tiveron protagonismo nos debates das ponencias sobre Educación, Cambio Climático, Pobreza, Protección e Participación.
A delegación estivo formada por dous alumnos do CEIP Cruz Budiño e outros dous do CEIP Antonio Palacios, acompañados dun monitor e pola responsable da OMIX de Porriño, Noelia de la Fuente.


En total acudiron a Castrelo do Miño 50 nenos e nenas de toda Galicia. Á sesión de clausura acudiron a Directora Xeral de Familia de la Xunta e a Presidenta de UNICEF Galicia.
Porriño, nomeada por UNICEF dende 2018, “Cidade Amiga da Infancia”, ten por ilo a obriga de celebrar anualmente o pleno municipal infantil – como fixo o pasado 10 de maio- para dar voz á infancia e que as súas opinións sexan tidas en conta na toma de decisións polo Concello.