51.430€. Ese será o aforro anual en subministro de electricidade que acadarán as veciñas e veciños logo da substitución das instalacións de alumeado nos polígonos industriais do Porriño levada a cabo polo Goberno local a través da Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera.
Os traballos de substitución das lámpadas de vapor de sodio de 150 e 250 W, xa obsoletas e enerxéticamente insuficientes, por luminarias de tecnoloxía LED de 40 e 60W, non so suporán un “importantísimo aforro enerxético, senón que cumprirán cunha das premisas que nos fixaramos ao comezo do mandato: a reducións das emisións de CO2 á atmosfera”, sinala Manuel Carrera, que superarán os 70.000 quilos de dióxido de carbono anuais.
En total, e por medio dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro do Plan de Habilitación e Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais de Galicia, substituíronse 370 focos no Polígono de As Gándaras, o PPI6 e PPI7 instalando non so luminarias re-programadas sen fío demando, senón incorporando ás mesmas de programadores dotados de reloxos astronómicos, que permiten un aforro adicional de enerxía.
Os novos focos teñen unha vida útil, media, de 60.000, un custo mínimo en mantemento, ofrecen un alumeado de 110 lumens por watt, “mantendo os niveis de luminosidade nesta zona tan transitada”, e permiten que a inversión feita na súa colocación estea amortizada nun período de 2 anos e medio.