A Concellería de Deportes anuncia que ven de solicitar á Policía Local do Porriño que faga rondas de vixilancia nos circuítos habilitados no paseo do Río Louro para correr e camiñar ante as denuncias de certos comportamentos que infrinxen as normas establecidas e poñen en perigo aos restantes usuarios.
Chegaron ao coñecemento da Concellería denuncias de persoas que circulan en sentido contrario ao establecido e tamén a presenza de ciclistas por esas sendas, o que está expresamente prohibido.
Lembramos as normas de uso destes circuítos:
Normas Obrigatorias:
- Dirección única. Inicio na marxe esquerda do río e volta pola marxe dereita.
- Distancia mínima entre corredores. 10. Metros.
- Corre sempre pola marxe dereita do camiño.
- Trata de evitar ol rebufo do corredor que leves diante.
- No caso de adiantamento, fai algún sinal acústico para avisar ao corredor que vas rebasar.
- Circuíto prohibido para patíns, bicicletas e monopatíns.
- No caso de que prefiras pasear, segue as normas; mantén unha distancia mínima de 4 metros, e ocupa só a marxe dereita do camiño.
- Nos sitios estreitos, fai o favor de extremar a túa precaución evitando contactos.
- Recomendamos o uso de máscara de protección e luvas.
- No primeiro tramo do circuíto existen marcas para a realización de series. Nunca vaias atrás; recupérate camiñando e volve ao circuíto atravesando a ponte de madeira, xira á dereita e camiña ata o inicio de percorrido.