O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira, está a realizar unha programación cultural para as parroquias, coas debidas garantías sanitarias.
A concelleira ten manifestado que “sendo coñecedora de que a situación da pandemia da Covid-19, fixo que moitas das actividades culturais das parroquias e barrios fosen canceladas, e mantendo contacto coas asociacións da veciñanza, fai se unha proposta programática, coas garantías de seguridade sanitaria, favorecendo a dinamización cultural á vez que se potencian os recursos dos artistas locais”, dixo Cami Moreira.
Deste xeito axendaronse varias actividades culturais para esta fin de semana. Mañá sábado 25, en O Casal-Budiño, monólogos de ALTESTA 4 SLU, con “Hermen&Gildo” (ás 22 horas); e o domingo 26, espectáculo de narración oral, da man de LORENA PINHEIRO con “Seica”, en Cans (ás 20,30 horas).
Por outra banda, lembramos que tamén mañá sábado 25, terá lugar no Torreiro da Guía, en Atios, o Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas, a partir das 22 horas, cun aforo limitado a 100 espectadores.
O encontro, chamado “Unha volta polo medio”, reunirá un conxunto de vinte músicos de diferentes partes da península, baixo a dirección de Fran (Grupo Coetus). Ofrecerán un repertorio de músicas de raíz e xunto con eles actuará o grupo de música tradicional Os Penediños de Atios.
Para máis información consultar a páxina web do departamento de Cultura do Concello do Porriño. Deixamos ligazón.
Programación cultural. Abril 2024