A Concellería de Vías e Obras está a piques de rematar o muro de contención dunha estrada municipal na zona de A Graña, na parroquia de Cans, que presentaba perigo de derrube.
Manuel Carrera explica que estes traballos están a ser posibles grazas á cesión desinteresada dos veciños propietarios da zona dunha franxa de terreo de 2 metros e medio cara ás súas fincas, “que é o que gaña de ancho a estrada” e, ao mesmo tempo, aproveitouse para colocar unha tubaxe dun cruzamento que hai de auga, “que quedou xa instalada”.
O muro, subiña Carrera, levará unha protección para impedir que haxa accidentes, se procederá ao asfaltado da estrada e se rematarán as entradas a tres das fincas da zona, “que era unha vella demanda dos veciños do lugar”.
A obra, na que se investiron uns 40.000€ de fondos municipais, estará finalizada no prazo dunha semana, cumprindo o compromiso que adquirirá o Concello,como explicou o concelleiro ao presidente da Asociación de Veciños de Cans, David Alonso Barciela.
Manuel Carrera agradece, de novo, aos propietarios dos terreos que cedesen estas franxas para poder asegurar o muro e anchear a estrada o cal suporá unha mellora da seguridade.