O vindeiro mércores 15 de xaneiro arranca de novo a oficina municipal móvil do Concello do Porriño para achegar a administración local á vecinanza do rural. Un servizo pioneiro co que o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa atención directa e cercana aos veciños e veciñas.
Como sempre desprazarase os mércores de 9 a 13 h ao lugar sinalado. Comezará en Mosende , no torreiro de San Diego, o 15 de xaneiro. Estará no torreiro de Cans o 22 de xaneiro, o 29 de xaneiro no local social de Atios, o 5 de febreiro chegará á Forna de Budiño, o 12 de febreiro recalará en San Salvador de Torneiros, o 19 de febreiro no centro cultural de Pontellas, o 26 de febreiro no centro cultural de Chenlo e o 5 de marzo nas Mimosas de Carracido.
Como sempre, proporcionarán unha cobertura completa ás necesidades da veciñanza, incluíndo temas relacionados coa atención cidadá, urbanismo, limpieza, obras públicas ou saneamento. Permitirá rexistrar entradas e saídas de documentos, realizar consultas e recibir asesoramento sen necesidade de desprazarse ao centro urbano.