A Biblioteca Municipal do Porriño aproveita a celebración do Día das Letras Galegas 2020 para dar a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Para iso, ao longo dunha semana, irá publicando en internet 7 posts diarios de luns a domingo (17 de maio, Día das Letras Galegas), onde destacará os 7 aspectos máis salientables deste personaxe sobranceiro da cultura galega. Os posts publicaranse nas redes sociais da Biblioteca Municipal do Porriño.

No ano 2020 decidiuse adicar o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990), coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. Está considerado unha das figuras senlleiras da nosa cultura, un intelectual polifacético que destacou como escritor, crítico, profesor e lingüista, pero sobre todo como a persoa que logrou a canonización da historia da literatura galega.

https://bibliotecadoporrino.com/2020/05/10/7-post-sobre-carballocalhero/