Eva García, alcaldesa do Porriño sufriu esta mañán un accidente de tráfico cando se dirixía a Guillarei para asistir a unha reunión do Consorcio de Augas do Louro. Foi unha colisión lateral con outros dous vehículos cando realizaba unha manobra de adiantamento na Autovía A-55.


A alcaldesa atopabase ben pero por precaución a ambulancia que atendeu o sinistro recomendeu o seu traslado a un centro hospitalario. Finalmente foi levada ó Hospital Vithas Fátima para un chequeo. Diagnosticaronlle unha lesión cervical.
Namentres o gabinete da Alcaldía anulou a axenda de Eva García De la Torre para hoxe e para mañá xoves.