Eva García de la Torre abriu as intervencións das autoridades e representantes dos patrocinadores públicos e privados do Festival de Cans que hoxe presentouse na Casa do Cid. A alcaldesa de Porriño declarouse “encantada de estar aquí e compartir con vos esta presentación nun ano que é moi especial pola concesión ó Festival de Cans do Premio da Cultura Galega”.
Eva García lembrou “tiven ocasión de estar na entrega do galardón cos responsables do festival e unha nutrida representación da veciñanza desta parroquia que o fan posible cada ano coa súa colaboración e implicación e para mín foi un dos días máis felices deste mandato como alcaldesa”.

O Concello de Porriño mantén a súa achega de 20.000 euros ó Festival de Cans, renovada de xeito recente mediante convenio coa asociación cultural “Arela”, organizadora do evento. A aportación municipal que fora incrementada no 2018 polo goberno municipal que preside Eva García, supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans.
O apoio do Concello non se reduce a esa subvención senón que ademáis é loxística xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestións de Seguridade, tráfico, Limpeza, Vías e Obras vencelladas ó desenrolo do festival.

A XVI edición do festival de Cans comezará o mércores 22 de maio. Este ano haberá 15 curtametraxes a concurso na sección oficial e de xeito paralelo unha intensísima actividade de mesas redondas e coloquios.Entre eles, de xeito sobranceiro, co director Rodrigo Sorogoyen e os organizados pola Fundación AISGE. Entre os actores e actrices que pasarán pola parroquia porriñesa citar a Leonor Waitling, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Mariana Carballal, Raquel Espada e Carlos Blanco que recibirá o Premio “Pedrigree” en recoñecemento a súa traxectoria.
Suliñar asimesmo as actuacións musicais entre as que destacan “Marlango” (venres 24 ás 20.30 h.) e o Gran Wyoming e o seu grupo “Los Insolventes” que tocarán no concerto de peche, na medianoite do sábado 25.