O comité de personal e traballadores de “Levantina” acudiron este serán ó Concello de Porriño para expoñer a súa preocupación polo inminente ERE que a empresa granitera quere aplicar e solicitar a intercesión da alcaldesa. Eva García, quen abriu as portas do salón de sesions para celebrar a reunión e acoller a todolos asistentes, comprometeuse con eles a facer chegar á dirección da empresa “a preocupación do Concello polo impacto negativo que tería ese ERE para 33 familias de Porriño”.


Delfín Pensado, traballador e presidente do comité de empresa de “Levantina” en Porriño fixo unha exposición da situación e instou esa mediación da alcaldesa perante “unha urgencia xa que o vindeiro mércores 10 remata o prazo para negeociar unha saída ó ERE plantexado pola dirección de Recursos Humans da firma”. Outros membros do comité de personal que integran delegados de UXT, CCOO e CIG tamén interviron para engadir que o plantexamento da dirección de “Levantina” “é moi duro coa planta de Porriño que tén amosada a súa eficiencia e rentabilidade”.


“Se fose preciso viaxar ata Alacant –onde se atopa a sede central da firma- fariamolo con tal de botarvos unha man e evitar esa perda de postos de traballo” manifestou a alcaldesa porriñesa ós presentes. A tal fin este mesmo serán, ó remate da reunión, dende a Alcaldía realizabanse xestions para establecer contacto coas oficinas principais da empresa na Comunidade Valenciana para instar información do ERE e facer chegar a preocupación do Concello. Namentres a alcaldesa aproveitará mañana venres unha cita na Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia –por unha reunión previamente establecida por outro asunto- para exponer á administración autonómica a preocupación dos traballadores de “Levantina” e do Concello de Porriño por este caso.