A Alcaldesa de Porriño vén de convocar para pasado mañá, venres 26 de xullo, unha reunión cos responsables das empresas que teñen a explotación das canteiras que están inoperativas e que, pese a prohibición, están a ser utilizadas para baño ou para realizar fotos cos conseguintes riscos.
Todo este problema xurde de que das trinta explotacións de granito existentes actualmente en Porriño tan só 9 atopanse operativas e con produccións testimoniais. As restantes están en paralización temporal e sen actividade extractiva o que orixina a inundación polas choivas dos buracos das canteiras o que está a resultar moi atractivo para bañistas e curiosos que acuden a facer fotografías, A pesares de que bañarse nunha explotación mineira está prohíbido e supón un perigo.

A reunión do venres celebrarase no Concello e están convocados Jorge Massó, en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e o empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” e o seu facultativo Fernando Delgado. Ademais asistirá o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado, que é o técnico que asesora ó Concello e que vén de emitir un informe sobre a situación actual que fora requirido pola alcaldesa Eva García a pasada semana.
Nese informe que o enxeñeiro presentou á alcaldesa, subliñase que o principal problema sitúase na canteira “Arcace nº 21”, en Atios que é a que frecuentan bañistas e curiosos “pola acumulación de auga de choiva, pola facilidade de acceso en coche como a pé e logo de acceso para bañarse aproveitando unha rampla”.
“Todo isto a pesares de que o acceso é a través dunha pista mineira pola que só poden circular vehículos autorizados e que a sinalización e peche perimetral da canteira “Arcace” impide que alguén poida acceder á mesma por despiste ou involuntariamente”, segundo sinala o infome do enxeñeiro.
Lembrase que a canteira está pechada con desquites e cachotes de granito coas pintadas “Perigo” e “Prohibido pasar” de xeito que aqueles que aínda así acceden a bañarse na canteira actúan intencionadamente.


O informe técnico alerta de que hai outras cinco canteiras co posible risco de que sexan utilizadas por bañistas. Todas elas son arrendamentos parciais da concesión “Benedicta nº 1544” da que é titular “Porriñesa de Canteiras”.

Na reunión do venres proporanse varias posibles e inmediatas solucións para poñer freo a este problema de seguridade. A máis inmediata sería impedir a accesibilidade ás pistas mineiras mediante un portalón ó que só teña acceso o persoal autorizado. Esta solución debería ser pilotada por “Pocasa” como titular da concesión en colaboración cos explotadores e Concello de Porriño e Comunidade de Montes.
Recomendase asimesmo que se coordinen as actuacións polo Concello de Porriño coa Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia e coa Policía Local e Garda Civil para que o efecto disuasorio sexa máis efectivo.