Dende hoxe luns 1 de xuño, volve abrir as súas portas a Biblioteca Municipal do Porriño, despois de permanecer pechada dende que se declarou o estado de alarma.

A Biblioteca funciona de novo, só en horario matinal, de 10 a 15 horas, de luns a venres.

“Abrimos de novo e facémolo con responsabilidade, adoptando as máximas garantías de hixiene e seguridade. É dicir: uso de máscara, xel hidro-alcólico distancia de seguridade de 2 metros, acompañamento dos menores de 14 anos e só servizo de préstamo e devolución de exemplares no mostrador de atención sen que sexa necesaria cita previa”, segundo indicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.

Engadiu que o persoal da Biblioteca recomenda que para a devolución de libros “non teñades presa, evitar aglomeracións, hai prazo ata o 11 de xuño, e ademais ata mediados de mes aplicaremos unha “amnistía” xeral”, manifestou Cami Moreira.

A concelleira agradece a comprensión e paciencia da veciñanza.

Quen desexe máis información pode consultar a páxina web da Biblioteca: https://bibliotecadoporrino.com/