A Concellería de Deportes quere subliñar o seu agradecemento aos adestradores físicos dos clubs locais que contribuíron cos seus vídeos ao ciclo #Porriñodeportenacasa que emitimos polas redes sociais do Concello durante o estado de alarma.
Agora que está a piques de rematar a fase 2 do Plan de Desescalada e xa recuperouse a posibilidade de ir facer deporte, tanto David Alonso, responsable político da Concellería, coma o Servizo de Deportes, queren agradecer a colaboración recibida a esta proposta do Concello que foi moi seguida.
O Concello quere amosar o seu recoñecemento pola sobranceira colaboración de Ana Alonso, do Balonmán Porriño; Xoel Souto, da U.D. Atios; Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín Porriño; Pablo Alonso e Iker Besada, do Porriño Baloncesto Base; Pablo Sanromán e Adrián Sanmarcial, do Porriño Industrial, e Dani Mouriño, do Club Atletismo Porriño. Eles fixeron posibles os dez vídeos que ofrecen diversas táboas e rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades. Todos os vídeos seguen a estar dispoñibles nas redes sociais do Concello.