O departamento de Servizos Sociais do Concello do Porriño realizou un resumo das axudas alimentarias se están a prestar, tanto para a adquisición de productos frescos e de primeira necesidade coma da entrega de lotes de conservas e outros productos non perecedoiros a través de “SOS Porriño”.
As cifras resultantes amosan a gravidade do impacto do estado de alarma e a inactividade económica na poboación do Porriño.
336 familias que agrupan a 847 porriñeses (536 adultos e 311 menores) recibiron axuda directa do Concello entre o 14 de marzo e ata o 30 de abril, para a adquisición de productos alimentarios frescos e de primeira necesidade. Trátase do abastecemento realizado perante contratos do Concello coa firma distribuidora “Froiz”. Os receptores son familias cuias necesidades son previamente avaliadas plos técnicos do departamento de Servizos Sociais do Concello.
Esta acción extra do Concello de O Porriño que está a manterse neste mes de maio , complementa á axuda periódica que distribúe o Banco de Alimentos “SOS Porriño” que tamén medrou.
Actualmente 758 persoas do Porriño reciben productos do Banco de Alimentos, das que 555 persoas xa eran usuarias y 203 son novos solicitantes de axuda.
As doazóns de empresas e industrias da contorna ao Banco de Alimentos continúan nestas semanas de estado de alarma. Hoxe recibiuse unha achega de productos conxelados doados por “Nueva Pescanova”, como reflicten as imaxes adxuntas.