Unha decena de deportistas porriñeses foron protagonistas da Gala do Ciclismo de Galicia celebrada en Pontevedra onde resultaron premíados o que constitue un recoñecemento da Federación Galega e das autoridades da comunidade autónoma ao potencial do ciclismo porriñés.
Foron Ana María Gónzalez, Laura Mira, Jorge Punzón, Marcial Rodríguez, Chus Barros, Santos Lemos e cinco integrantes do equipo porrñés “A.D. Avanza”: Xoel Montes, Senén Bastos, Uxía Soto, André Martínez e Borja Fernández.
Todas elas e eles foron galardoados polos seus títulos autonómicos e nacionais nas súas respectivas categorías e modalidades competitivas que van dende ciclismo en ruta, ciclocross ata bicicleta de montaña.
A homenaxe federativa corrobora o recoñecemento que previamente, ao longo do ano e con diferentes mostras, realizou o propio Concello do Porriño a estes deportistas.
Non podemos esquencer que Jorge Punzón foi pregoeiro das Festas do Cristo, as principais da cidade, ou que Ana María Gónzalez foi a madriña da última edición do Triatlón Concello do Porriño.
Ademais Laura Mira e Marcial Rodríguez, polos seus recentes triunfos nos campeonatos de España e de Galicia de ciclocross (éste último celebrado no Porriño) xa foron obxeto xunto cos integrantes do club A.D. Avanza dunha recepción ofrecida na casa consistorial polo concelleiro de Deportes, David Alonso.