A alcaldesa Eva García recibiu hoxe ós presidentes e directivos dos doce clubs da vila que se benefician de contratos de patrocinio do Concello do Porriño. Os convenios xa corresponden ó exercicio de 2020.
Despois da súa firma electrónica abonaranse nestes días 334.000 euros que corresponden o oitenta por cento do total dos respectivos patrocinios.
Os doce clubs beneficiarios son: Balonmano Porriño; Porriño Baloncesto Base; Porriño Industrial; C.D. Pontellas; U.D. Atios; Mosende C.F.; Club San Salvador de Budiño; A.D. Avanza; Club de Tenis Porriño; Club de Atletismo Porriño; Club Patín Porriño y Club Colombófilo.
Eva García anunciou que “este ano 2020 agardamos que sexa o último en que empregamos este sistema de convenios e para o orzamento de 2021 pretendemos que se estableza un sistema por concorrencia competitiva qie sexa máis axeitado tanto ós méritos deportivos como o traballo coa base e o número de practicantes”, sinalou a alcaldesa.