O Concello do Porriño anuncia as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a comunidades de augas de consumo para o control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante o presente ano 2020.
A convocatoria, a través da Concellería de Infraestructuras e Urbanismo que dirixe Pedro Pereira, tén por obxecto apoiar e promover, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de subvencións entre as comunidades de usuarios de augas de consumo do Concello do Porriño que reunan os requisitos establecidos nas bases.
O obxecto das axudas comprenderá a contratación de obras de reparación, substitución de redes de distribución cando non superen os 20 metros, así como os
gastos correspondetes a analíticas de control sanitario e os gastos de mantemento e conservación en captación de augas, sistemas de almacenamento e potabilización e mantemento das instalacións.

Para estas axudas estableceuse un importe máximo de 95.000 euros cun límite de máximo de 8.000 euros por asociación .
Nas bases establecense os requisitos a cumprimentar polos solicitantes, a documentación que se achegará, os criterios para a concesión das subvencións e a comisión técnica que avaliará as solicitudes.
Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPDEPO) abriuse o prazo para presentar as solicitudes.