O vindeiro martes 3 de decembro, Porriño súma á iniciativa solidaria #GivingTuesday (Martes para Dar). Esta foi unha das propostas aprobadas polos nenos, nenas e adolescentes do consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro e organizado pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello.
Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo.
O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar un día en todo el mundo (este ano será o martes 3 de decembro), para celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, diñeiro, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man…
No caso de O Porrilño, o acordo adoptado polo pleno infantil determinou que co apoio do Concello, os nenos/as realizarán unha actividade que denominaron “Alimentos para todos” e que pretende recoller o maior número de alimentos posibles para a súa posterior distribución entre as familias da vila con menores recursos.
A actividade central de recollida durante o martes 3 realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán os puntos de recollida, inda que tamén se instalarán no propio consistorio, na biblioteca e no pavillón municipal.
Dende o Concello convidamos a todos os veciños e veciñas a participar neste día para DAR,
Recomendamos que os productos sexan non perecedoiros coma aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas,…e que se entreguen nalgun dos puntos de recollida.