Santos Héctor Rodríguez, deputado delegado de Cooperación cos Concellos e as deputadas Iria Lamas e María Victoria Alonso visitaron hoxe as pistas de atletismo en construcción no polígono da Granxa. Esta obra é financíada pola Deputación cun orzamento de 1 millón de euros, a cargo do Plan Concellos 2018/2019.
Polo Concello de Porriño acudiu o concelleiro de Deportes, David Alonso en representación de Eva García cuia ausencia disculpou. A alcaldesa sufrira un accidente de tráfico e suspendeu toda a súa axenda oficial.
Unha representación de “Prace”, a empresa que fai a obra explicou os pormenores do proxecto e o estado de execución, bastante avanzado. Non obstante a previsión da empresa é que poderá entregar a obra rematada para a súa inauguración no último trimestre deste ano.
A parte máis retrasada da obra é o módulo cuberto que permitirá o adestramento de atletas de diversas especialidades como saltos de pértiga, altura, triple salto e lonxitude así como das probas de lanzamento. Tratase dun un equipamento pioneiro no sur de Galicia.
A pista de atletismo ten unha corda de 200 metros que é a regramentaria para competicións “indoor” ou pista cuberta con seis calles. E ademáis conta cunha pista central para competicións de velocidade e vallas de 60 metros con oito calles. Ambas xa están prácticamente rematadas.
Santos Héctor abogou, de entrada “no meu nome e no nome da presideta da Deputación polo pronto restablecemento da alcaldesa Eva García” e pdidiu ó concelleiro David Alonso que fixera extensiva ó Concello de Porriño a nosa felicitación por esta extraordinaria iniciativa deportiva”.
O deputado delegado de Cooperación cos Concellos ponderou que “estas instalacións dignísimas suponen tamén un equipamento social que ven a cubrir as necesidades da veciñanza de Porriño a través da practica deportiva”.
Pola súa banda o concelleiro de Deportes de Porriño agardecu no nome do Concello o esforzo económico que realiza a Deputación de Pontevedra para “dotarnos destas instalación únicas en Galicia e que van permitir a práctica incluso no inverno dentro do módulo cuberto o que agredecerán especialmente unha chea de nenos e nenas que así poderán seguir adestrando”, manifestou David Alonso.