Do xoves 10 de xaneiro ao 30 deste mesmo mes, poderá visitarse na OMIX do Concello do Porriño -na planta baixa do Centro Cultural Municipal-a Exposición de fotografía “Viaxando” que mostra os traballos presentados ao 12º Certame de fotografía do mesmo nome.
Este Certame, que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía, foi creado no ano 2007 polas Oficinas de Información Xuvenil (OMIX) dos concellos do Rosal, Tomiño, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar, O Porriño e o Espazo Xove de Tui, dentro do traballo en rede que veñen realizando o longo destes anos.
Participaron un total de 13 mozos de idades comprendidas entre os 12 a 30 anos e o ano pasado o gañador, unha vez reunido o xurado, foi Sergio Lorenzo Ares pola súa foto“ Comeza a Viaxe”.