A Concellería de Vías e Obras vén de concluír os traballos de mellora no barrio da Igrexa, na parroquia de Pontellas que, como sinala Manuel Carrera, abrangueron o pavimentado e sinalización no lugar no que se transformara un camiño nunha nova estrada “moito máis e ancha, segura e transitable por vehículos e peóns”, e a extensión da rede municipal de saneamento ás vivendas da zona.
O tenente de alcalde salienta que esta é “unha das as obras máis importantes executadas neste mandato na parroquia de Pontellas” dado que supón unha notable mellora tanto dos accesos coma da comunicación dentro do barrio da Igrexa , así mesmo, “seguir cumprindo o noso compromiso de levar o abastecemento e saneamento a todos os lugares do Porriño”, un obxectivo no que neste mandato avanzouse máis que en ningún outro.
Os traballos, rematados nun mes e que contaron cun orzamento de 47.633,71€ de fondos propios do Concello, consistiron no pavimentado de preto de 3.000 metros cadrados, cun firme e 5 centímetros de grosor, a ampliación de la rede de saneamento incorporando unha nova tubaxe de 315 milímetros de diámetro, a sinalización de toda a vía e a incorporación dunha varanda de 30 metros na zona.